Asina contra as touradas na Coruña

Os abaixo asinantes declaramos que estamos dacordo co seguinte:

– Non é xustificábel o disfrute duns poucos a través do sufrimento e asasinato de animais, pois entendemos que este tipo de actos contribúe a fomentar valores reaccionarios e violentos na sociedade e sobre todo entre a mocidade, moito máis vulnerábel a este tipo de mensaxes, ademais de fomentar actividades importadas doutros territorios que son alleas á tradición e cultura galegas.

– Consideramos que esta práctica violenta non é nin festa, nin é propia da nación galega. É unha imposición máis para a asimilación da nosa cultura e das nosas festas por tradicións foráneas.

– As nosas festas son ben distintas, e é deber das institucións e da Xunta de Galiza defendelas e promovelas, por moito que o PP, o presidente da Xunta e o alcalde da Coruña sintan devoción polos touros e a cultura española. O debate xa é de vello, como ben amosa a ilustración de Castelao no álbum Nós, titulada “Que lástima de bois” mais, a pesar dos anos, o PP pretende seguir potenciándoo e ameázanos cunha iniciativa para declarar as touradas coma ben de interese cultural nas Cortes Xerais do Estado.

– Nun contexto de crise económica como o que padecemos, dende Galiza Nova consideramos un insulto que este tipo de espectáculos se promocionen e subvencionen a través de cartos públicos mentres se recortan servizos sociais básicos para a maioría da poboación, como por exemplo no ensino ou na sanidade, e que ao mesmo tempo os que o avalen, sexan os hipócritas autores do discurso falaz da “austeridade”.



nome *

apelidos *

documento de identidade *

correo electrónico *



Galiza Nova da Coruña comprométese a cumprir cos requisitos estabelecidos na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Séguenos por correo

Arquivo do blogue